Tuesday 14 de May de 2024

A asociación de empresarios do polígono industrial Augalevada doa 3.000 euros a Cáritas Noia


O alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a concelleira
de Economía e Facenda, Laura Salgado García, mantiveron esta mañá unha reunión con
representantes da asociación de empresarios do polígono industrial de Augalevada. Un
encontro celebrado hoxe sábado nas instalacións da casa consistorial de Noia e no que os
representantes dos empresarios noieses aproveitaron para facer entrega “dun talón de 3.000
euros á directiva de Cáritas de Noia para que continúe co seu labor de subministrar e
abastecer de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade no municipio”, explica
Freire Abeijón. A directiva de Cáritas agradeceu a doazón da asociación empresarial noiesa,
que será destinada á adquisición de alimentos para as persoas e familias de Noia en situación
de vulnerabilidade.